1. Promover e difundir a música
tradicional galega. Tanto coa organización do Festival Tromentelo como
das numerosas actuacións que amosan o traballo a prol da música
tradicional galega, tanto en Galicia como no exterior.
2. Desenvolver actividades encamiñadas
a potenciar a formación musical dos colectivos menos favorecidos, tales
como, minusválidos, mulleres, xoves, a terceira idade, nenos, etc. Para
este obxetivo contamos coa Escola de Gaitas e Percusión Tromentelo.
3. Potenciar e sensibilizar sobre a conservación e o mantemento das tradicións orais e escritas da Cultura Galega en xeral.
4. Promover as relacións e o
intercambio entre asociados/as, así como colaborar con outras
asociacións ou entidades no desenvolvemento de actos que teñan carácter
cultural.
5. Como entidade cultural,
consideramos moi importante a transmisión da nosa cultura en tódolos
ámbitos, e as boas relacións entre asociacións, poden permitir poder
chegar a máis xente, polo que nós queremos mostrarnos abertos a todo
colectivo que esté interesado en desenvolver actividades que favorezan a
transmisión da nosa cultura. Organizando, participando e/ou
colaborando, con outras entidades na organización de xornadas, talleres,
romarías, congresos, festas,etc…
6. Apoiar actividades de formación e
animación sociocultural, ocio e tempo libre ós mozos, como entidade
Prestadora de Servicios á Xuventude.
7. Coa idea de que os mozos coñezan
outra forma de disfrutar do seu tempo de lecer, e que mellor xeito que
disfrutando nun serán, da nosa música, ou recordando aqueles xogos cós
que seus pais pasaban o tempo. En fin, Organizar todo tipo de
actividades lúdicas, saídas culturais, excursións, visitas a museos,
exposicións, xogos populares, etc…
8. Desenvolver actividades encamiñadas a fomentar o uso do idioma galego.
9. Promover a lectura, principalemente de autores e libros en galego
10. Defender os dereitos humanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario