Historia


Pais e nais dos alumnos do Colexio Publico Castrillón de Coiro querendo ofrecer alternativas culturais aos seus fillos, fundan a Escola Tromentelo, que máis tarde, apadriñada pola Banda de Gaitas Xarabal da Universidade Popular de Vigo, é quen de constituirse como a Banda de Gaitas Tromentelo que hoxe coñecemos. Ademáis e do propio mestre e director de Xarabal, o mestre D. Anton Corral, de quen recibimos o estandarte. A pesares de haber nacido na anpa, no ano 2000, debido o crecemento que tivo, viuse na obriga de desvincularse de este colectivo. No 2002 a Banda intégrase na AC Cacarexo e finalmente no 2010 independízase da mesma para dar comezo a unha nova etapa, a da ACF Tromentelo.

Primeiramente a dirección da Banda estaba a cargo de Don Xoaquín Caamaño e na actualidade por Dona Sara Malvido, membro fundador da mesma. Dende entón, a Banda de Gaitas Tromentelo continua ascendente, contando na actualidade cunha formación de 32 compoñentes, entre gaitas e percusión, fiel reflexo do seu repertorio popular da tradición musical galega.

O repertorio musical esta basaeado nas raices musicais da nosa tradición, contando con pezas de prextisiosos compositores galegos, con arranxos orixinais da propia banda.

Para o seu desenvolvemente empréganse pezas de artesanía galega: gaitas, tambores, bombos, pandeiretas, charrascos, culleres e pandeiros.

Na súa extensa traxectoria musical, a Banda de Gaitas Tromentelo é digna representante alí onde vai, da nosa cultura e folclore. En varias ocasións tiveron a honra de representar ó noso Concello en festivais, encontros e exposicións en lugares como: Huesca, Albacete, O Bierzo, Asturias, Málaga, Castellón, Zaragoza e incontables lugares e cidades de Portugal e diversas actuacións en programas de televisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario